PROXECTO REALIZADO NA ESCOLA INFANTIL DE SOLOBEIRA NO 2º TRIMESTRE DO CURSO 2010-2011
DESCUBRINDO
O ANTIGO EXIPTO
Mércores, 9 de febreiro de 2011
Hola a todos e todas.
Acabamos de comezar na escola un proxecto de traballo sobre o Antigo Exipto. A semana pasada falamos moito sobre o tema e esta semana comezou o traballo serio cunha serie de actividades moi entretenidas que vos iremos amosando pouco a pouco. Polo de agora aquí tedes un adianto:
Antes de comezar coas actividades fixemos unha posta en común sobre o que sabiamos do tema despois de falar moito durante a semana pasada. A profe foi tomando nota do que diciamos e escribiuno todo para comezar a montar un panel informativo.
Para poder facer un traballo así necesitamos buscar información e na escola temos estes días uns cantos libros e materiais dos que podemos sacar algunhas cousiñas interesantes.
Mirade canto material trouxo Carolina. Ademais aquí veredes que boa presentación fixo das súas aportacións ao proxecto. Moitas grazas...
ASÍ TEMOS O RECUNCHO ADICADO AO NOSO PROXECTO.
E COMEZAMOS XA COAS ACTIVIDADES....
COMEZAMOS BUSCANDO ÁFRICA E EXIPTO NA PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA.
Grazas ao google maps, con esta actividade aprendemos a situar África e Exipto nun mapa, a marcalo e a escribir os nomes.
A BANDEIRA DE EXIPTO
Sabedes que as cores da bandeira teñen un significado? A cor vermella simboliza as terras do Sáhara e a cor negra simboliza a fertilidade das terras do Nilo.
OS NOSOS NOMES EN XEROGLÍFICO
O que non se atope en Internet é que non existe. Mirade esta páxina na que podemos escribir os nosos nomes en exipcio.
VOCABULARIO EXIPCIO : ABECEDARIO
A profe fixo un novo abecedario con imaxes relativas ao tema que estamos traballando e, cada día, o encargado utiliza o vocabulario para construír o seu nome.
ELIXIMOS PERSONAXES
Cada un de nós cambiou o seu nome para ser un Deus, Deusa, Faraón ou Raíña do Antigo Exipto. Coloreamos as imaxes e o que fagamos con elas......será unha sorpresa.
Luns, 14 de febreiro de 2011
FABRICAMOS PAPIROS ARTESANAIS
O xoves da semana pasada celebramos o cumpreanos de Carolina e os seus pais, que viñeron á escola para celebralo, axudáronnos a fabricar papiros de xeito artesanal. Aquí tedes a mostra.
Mércores, 16 de febreiro de 2011
Hoxe comezamos a traballar no que será o noso disfraz de entroido pintando os tubiños do papel hixiénico para convertelos cando sequen en bonitos brazaletes. A ver se nos quedan ben.
FRISO EXIPCIO
Os nenos e nenas de Solobeira convertémonos en célebres personaxes de Exipto. A ver se sodes capaces de recoñecernos.
A ver si así vos resulta máis fácil...
Xoves, 24 de febreiro de 2011
E seguimos coas actividades do noso proxecto. Esta vez ides ver cómo nos convertemos en constructores de pirámides. Primeiro picamos, logo montamos e finalmente pegamos serrín...
E aquí tedes o resultado final.
Venres, 25 de febreiro de 2011
Por fin, hoxe puidemos ver o que había escondido debaixo da sábana.... Unha pirámide xigante con momia e mensaxe en xeroglífico incluido....
A mensaxe que descifrou Carolina dicía:
HOLA A TODOS OS NENOS E NENAS
DE SOLOBEIRA
UN SAÚDO:
A MOMIA DE SANFINS
Venres, 4 de marzo de 2011
Por fin chegou o día do festival de Entroido no CEIP de San Bartolomé de Tremoedo. Vestímonos, como non podía ser doutro xeito, de exipcios. Mirade que guapos estamos. Cando os papás que nos acompañaron nos pasen as fotos do desfile poderedes velas tamén. De momento aquí tedes unha mostra. Por certo, gracias á mamá de Alejandro por mandarnos esas filloas tan deliciosas para merendar antes de marchar e a Susana por axudarnos a vestir...
Por fin temos aquí as fotos de Natalia ¡¡pero qué guapos estamos!!
Venres, 11 de marzo de 2011
Hola de novo a todos. Xa levabamos algún tempo sin noticias, eh?. Pois aquí estamos de novo. Tivemos moito traballo. Entre as cousas de clase, o noso proxecto, os disfraces e o Entroido... xa non había tempo para máis. Pero, como dicía, aquí estamos outra vez. Queremos ensinarvos un traballiño máis relacionado co proxectos que estamos a levar a cabo.
¿Sabedes como se chama esa cousa que todos os deuses e deusas exipcios levan na súa man?
É a cruz Ansata e levávana a modo de amuleto. Nós tamén queriamos unha, así que fabricamos unhas con masa branca, pintámolas de cores divertidas e barnizámolas con alquil. Aquí tedes o proceso e o resultado final. Cando estea rematada levarémola para casa....
Ao longo do proxecto vimos na pizarra dixital varias películas relacionadas co Antigo Exipto. Gracias ao pai de Alejandro que nos trouxo a peli de Little Einstein. Aquí as tedes...
Ademais destas pelis animadas vimos uns documentais de youtube nos que aprendemos cousas interesantes sobre Exipto e sobre a fabricación artesanal e tradicional do papiro.
Por suposto, aínda que non vos amosamos ningunha, tamén facemos traballo en fichas. Cada día repasamos o que aprendemos, primeiro na pizarra dixital e logo, de xeito individual, cada un no seu sitio. Con todas as fichas que levamos feitas e coas que aínda nos quedan faremos un dossier que ao remate do trimestre levaremos para casa. Aquí tedes unha mostra.
Mércores, 16 de marzo de 2011
Onte foi unha mañá moi divertida. Primeiro fixemos unha ficha de repaso do noso proxecto, logo a do libro dos números, despois fixemos as nosas iniciais en xeroglífico con moitas cores utilizando as ceras brandas nos papiros que nós mesmos fabricamos e, por último, desternillámonos coa risa disfrazando a Gabriel de momia. Ademais, meteuse moi ben no seu papel e foi por toda a clase berrando "Son a Momia de Solobeira...."
Despois, todos quixemos ser momias, e fixemos unha ficha para elo. Mirade esta como exemplo.
Venres, 25 de marzo de 2011
E, para rematar o noso proxecto sobre Exipto, fixemos unhas actividades na PDI en hot potatoes sobre todas as cousiñas que fomos aprendendo ao longo destes meses.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS ON-LINE
Preme nas imaxes e poderás facer as actividades.
Aquí tedes a actividade. Grazas á profe Marta Meilán da Escola de Fontenla en Cabana de Bergantiños que me pasou o enlace xa que a actividade é de elaboración súa.
E aquí temos outra actividade coa que podemos repasar todo o que aprendemos. Un LIM (Libro Interactivo Multimedia) feito pola profe Cuca do CEIP de Coirón-Dena. Moitas grazas por compartir.