PROXECTO REALIZADO NA ESCOLA INFANTIL DE SOLOBEIRA NO 3º TRIMESTRE DO CURSO 2010-2011

Mércores, 6 de abril de 2011

Hola a todos e todas.

Comezamos o último trimestre deste curso escolar e con el comeza a conta atrás para chegar ás vacacións de verán.

Como xa sabedes, a excursión de fin de curso será o día 16 de xuño a APÍPOLIS, unha granxa apícola en Xeve, Pontevedra.

Por iso, emprendemos un novo proxecto, "AS ABELLAS" para aprender todo o que poidamos sobre esta especie animal tan curiosa e sobre a fabricación do mel.

 

Sempre que se empeza un novo proxecto, facemos un esquema sobre o que xa sabemos e sobre o que queremos aprender. Aquí tedes o desta ocasión...

O seguinte foi ver os dous primeiros capítulos de La Abeja Maya nos que aprendemos como nace unha abella e algúns segredos da vida nas colmeas.

E, como non, nós tamén quixemos ser abelliñas, porque son tan traballadoras coma nós, e fixemos paso a paso o noso propio panal para decorar unha ventana da clase. Mirade cómo traballamos e qué ben quedou o resultado final.

Venres, 15 de abril de 2011

Hoxe, por fin chegaron as vacacións de Pascua. A verdade é que este 2º trimestre fíxose un pouco longo de máis e o próximo vai ser moi curtiño.

Ao longo desta semana, seguimos recopilando información sobre o noso novo proxecto e fixemos unha manualidade para conmemorar o Día Mundial do Libro que vai ser o 23 de abril e que nos pilla en plenas vacacións.

Como xa vistes hoxe, levamos un marcapáxinas moi orixinal para a casa e nestas fotos ensinámosvos como o fixemos.... 

Xoves, 12 de abril de 2011

 

Ainda que esta semana estamos a traballar o día das Letras Galegas, non deixamos de lado o noso proxecto e, ademais de facer fichas de investigación sobre o tema, a profe preparou unhas actividades no Notebook para facer no encerado dixital. Así traballamos sobre todo co vocabulario...

E tamén vemos documentais moi interesantes sobre a vida e o traballo das abelliñas... Hai que ver canto traballan....

Martes, 7 de xuño de 2011

 

Hoxe por fin rematamos o noso dossier de investigación sobre as abellas, xa o veredes cando o levemos para a casa. Aprendemos moitas cousas e ao longo do proxecto fomos elaborando as pezas do que serían os nosos murais sobre o proxecto. Aquí tedes as fotos para os que aínda non o vistes na escola.

Outra das actividades que fixemos foi a degustación. Un día Alejandro trouxo un bote de mel e outro día foi Daniel, así que tuvemos mel dabondo para saborear.... Mirade que larpeiros somos...

Mércores, 8 de xuño de 2011

 

Hola a todos e todas. Hoxe foi unha mañá diferente. Visitounos Susana, a mamá de Carolina, e ensinounos a facer abelliñas con fieltro, pegamento e silicona. Tuvemos que facer primeiro unhas plantillas con papel e logo ir poñendo todas as pezas unha por unha ata formar a abelliña. Aquí tedes o proceso e mañá veredes o resultado final.....

Xoves, 9 de xuño de 2011

 

...e como o prometido é deuda, aquí tedes o resultado final da nosa obra de arte de onte...

Xoves, 16 de xuño de 2011

Por fin chegou o día da excursión. Hoxe fomos a APÍPOLIS e, aínda que o día prometía ser catastrófico por culpa da choiva, ao final aguantou ben e puidemos disfrutar de todas as actividades sen mollarnos ni un pouquiño.

Cando chegamos, os monitores dixéronnos que a partir dese momento pasabamos a ser responsabilidade única deles, así que ás profes mandáronas a recibir instrucións de que facer e como portarse.

Aínda así, as profes puideron facer algunhas fotos e ¿¿gravar?? algún que outro video. Xa nos contará Natalia o que fixo a novata da profe en canto a reportera gráfica. Entre fotos e video, video ou fotos e andar de un sitio para outro buscando aos nenos e nenas que estaban repartidos en distintos grupos, a mañá foi unha tolería para elas.... Pero para nós foi mooooi divertida e productiva:

Escoitamos un conto moi divertido dun apicultor que se chamaba Moncho e despois aprendemos a facer galletas.

Aprendemos a quitar a cera dos panais cun coitelo desoperculador e a centrifugalos na centrifugadora. Logo, déronnos unhas láminas de cera xa preparada e fixemos as nosas propias velas de cera que logo levamos para a casa.

O máis divertido foi vestirnos de apicultores e ir ao apiario a ver un panal cheo de abellas moi traballadoras.

Estivemos nun pabellón moi grande onde nos recordamos moitas das cousas que aprendemos na clase sobre as abellas. Enseñáronnos a identificar á abella raíña dentro dunha colmea.

E finalmente, mentres as profes recollían todo o que fixemos, nós estivemos reunidos nunha cancha con todas as monitoras e cantando cancións.