5 de xullo de 2014

 

     Un curso máis que remata e éste foi un pouco movido por diversas causas. Ultimamente este espacio estivo totalmente abandonado, pero hoxe decidín poñerme ao día e actualizalo con algunhas das últimas cousiñas que se fixeron nestas últimas semanas de curso académico. Espero que vos gusten e que as disfrutedes.

Bo verán a todos e todas!!!

28 de febreiro de 2014

 

Chegou e pasou a festa de Entroido do cole!!!! e aínda que eu non estaba sei, por uns cantos paxariños, que estivo moi ben e que todos e todas disfrutastedes moito moito. Aquí vos deixo algunhas fotos que as profes Marta da EEI de Aios, Carmen de 4 anos de Infantil, Bibi de 2º B e Alba de 6º me enviaron.

Moitas felicidades ás familias pola súa creatividade e moitas felicidades tamén aos gañadores dos diferentes premios. A todos: ¡¡¡O importante é participar!!!

Xa de paso vos deixo o meu "photocall particular". Un pouco de humor sempre ven ben ademáis de poñer imaxe ao noso lema deste Entroido:

        

EEI de AIOS: Profe Marta

 

Uns Arco da Vella moi moi vistosos e coloridos. Felicidades por estes traxes tan fabulosos e polo traballo.

Moitas gracias por enviar a foto e permitirme poñela neste espacio.

21 de febreiro de 2014

 

    Queda unha semana nada máis para o Entroido e xa temos o noso Mandadiño no centro. Este ano o tema elixido é o da Meteoroloxía, ¿por que será? Aquí temos os mandados que prepararon a profe Alba e a profe Fátima. A ver se todos os cumplimos!!!!

 

AO MAL TEMPO BOA CARA

 

O LUNS cunha boa has de vir porque o frío vai seguir.

O MARTES un gorro de inverno porás e as ideas quentiñas levarás.

O MÉRCORES unhas gafas de sol lucirás e o bó tempo atraerás.

O XOVES pon de novo as luvas porque o mal tempo continúa.

O VENRES ......  a disfrutar do Entroido!!!!

31 de xaneiro de 2014

 

SEMANA   DA   PAZ   E   A   NON   VIOLENCIA

 

     Ao longo desta semana no cole estivemos moi ocupados cos preparativos da conmemoración do Día da Paz. En Infantil fixemos un mural moi bonito e tamén unhas manualidades moi vistosas.

     

    A nivel centro decidimos levar a cabo unha actividade moi divertida: cada curso elixiu unha imaxe e convertiuna en puzzle empregando distintas técnicas plásticas. O Día da Paz con todas as pezas fixemos un xogo de buscar as pistas. Mirade un exemplo do que fixemos e de como transcorriu a xornada.

      As pezas dos puzzles estaban repartidas en bolsas que os mestres esconderon en distintos lugares do interior do cole.

      Fixemos grupos entre todos os nenos e nenas do cole de xeito que en cada grupo houbera a lo menos un neno ou nena de cada curso e clase. A cada grupo correspondeulle completar un dos puzzles.

      Tiñamos estas pistas para poder ir buscando as pezas que nos permitiran montalo.

 

      Estes son os puzzles que tivemos que completar.

      O mestre ou mestra que acompañaba a cada grupo lía as pistas unha por unha e cada grupo tiña que ir ao lugar correspondente a ver si atopaba una das pezas do puzle.

    Unha vez feitos todos os puzzles nas diferentes aulas (hai que dicir que a algúns costoulles un pouco atopar todas as pezas) reunímonos todos na biblioteca e cada grupo explicou ao resto en que consistía a imaxe do puzzle que lle tocou montar. Foi un traballo en equipo moi bonito e gratificante.

     Este é o recanto que tiñamos montado na BIBLIOTECA DO COLE dedicado ao DÍA DA PAZ. Nel había moitos libros moi interesantes nos que se tratan temas relacionados cos valores a convivencia, o respeto, a tolerancia e a non violencia.

     E así foi como os nenos e nenas da clase de 4 anos construíron o seu puzzle para logo compartilo co resto dos compañeiros e compañeiras do cole. Unha vez coloreados e decorados os debuxos que ían convertirse nas pezas do puzzle pegáronas na cartulina e o resto correspondeulles ás profes: recortar, plastificar, volver a recortar, pegar o velcro...

20 de decembro de 2013

 

Aquí temos o resultado final do traballo deste trimestre. Moitas gracias a Tana Bermejo e Colectivo ProdPorDeus porque sen a súa axuda esta montaxe non sería posible.

 

 

 

 

 

Mirade qué bonita quedou!!!!!

 

 

E aquí os artistas e a súa interpretación no Festival do Cole!!!!!!

 

14 de decembro de 2014

 

SAIDAS EDUCATIVAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 

     O pasado día 4 de decembro os nenos e nenas de Infantil do cole xunto cos nenos e nenas da EEI de Aios fomos de excursión aós Bombeiros do Salnés. Foi unha experiencia moi bonita e aprendemos moitas cousas interesantes.

- Ensináronnos as instalacións: a oficina principal, os dormitorios, a cociña, o ximnasio, a barra pola que baixan os bombeiros cando hai algunha emerxencia...

- Algúns puidemos falar pola emisora.

- Vimos fotos de accidentes nos que os bombeiros tiveron que intervir.

- Un bombeiro vestiuse co uniforme especial para as emerxencias e moitos de nós ata nos puidemos probar o casco e a chaqueta, que pesa un montón, por certo.

- Coñecemos aos cans que axudan aos bombeiros nas operacións de rescate e ensináronnos a unidade canina onde os transportan.

- Puidemos subir a un camión de bombeiros!!!!! Sí, e ata puxemos a sirena.

- Manexamos as mangueiras e botamos litros e litros de auga.

- E para rematar xogamos un pouquiño coa espuma que parecía neve!!!!

Pasámolo en grande e aquí podedes comprobalo!!!!

 

     E o 10 de decembro fomos de excursión á Biblioteca de Sanxenxo e, xa de paso, á comisaría da Policía Local. Como vedes, non paramos.

     Na Policía puidemos ver as distintas instalacións e tamén nos probamos os cascos e as gorras dos policías e ata nos deixaron tamén falar pola emisora. Alguén chamou por teléfono para "avisar de que no cole de Noalla faltaban un montón de nenos e nenas", onde estarían???? Por suposto, os policías "averiguaron" que estabamos con eles.

     Na Biblioteca pasámolo moi ben coas bibliotecarias que nos ensinaron un montón de escenarios dos contos tradicionais que coñecemos e mesmo nos contaron algúns contos.

16 de novembro de 2013

  Ao longo desta semana tivemos no cole unha exposición de traballos sobre OS TROMPOS, dos distintos colexios do concello. Onte celebrouse o MAGOSTO no noso cole, e os máis maiores aproveitaron para facer unha posta a punto das súas buxainas para o próximo campionato.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS:

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DE INFANTIL DE NOALLA:

15 de novembro de 2013

   Hoxe celebramos O MAGOSTO no cole. Comezamos cunha batería de xogos populares e logo coa degustación das castañas asadas.

11 de novembro de 2013

    Dende o mes de outubro, as distintas clases co cole estiveron traballando para confeccionar un mural moi bonito sobre o OUTONO. Trátase dunha composición de distintos murais con refráns e frases típicas desta época do ano. Aquí o tedes para que poidades ver:

29 de novembro de 2013

 

SAMAÍN

26 de outubro de 2013

      Onte na escola a compañía de teatro You are the story veu ao cole a representar unhas obras de teatro en Inglés. The Wizard of Oz foi a que representaron para o público da etapa de Infantil e tivo un éxito rotundo. Aquí tedes os vídeos coas dúas cancións máis famosas da película e algunhas das fotos que sacamos con tres protagonistas moi especiais que formaron parte do reparto.

23 de outubro de 2013

 

    Para ir quentando motores, aquí vos deixo un vídeo no que podemos aprender de xeito entretenido a historia do Samaín en Galicia.

16 de outubro de 2013

         Durante a semana pasada estivemos a facer os nosos marcapáxinas para utilizar na Biblioteca. Dentro de pouco empezaremos co préstamo de libros, así que xa poderemos utilizalos.

CLASE DE 4 ANOS:

CLASE DE 5 ANOS:

10 de outubro de 2013

         Este curso comezou cuns novos personaxes que cantan unha canción moi pegadiza que e aos nenos e nenas de Infantil lles está gustando moito.

    Estes personaxes son: PIRRITX, PORROTX E MARIMOTOTS. Son uns pallasos vascos que nun dos seus discos cantan unha canción en galego. 

         Aquí tedes unha versión moi animada que cantan co grupo O Sonoro Maxín no concerto por Semente o pasado mes de abril nunha visita que fixeron a Galicia.

26 de setembro de 2013

 

Benvidos un ano máis a un novo curso. Con estas fotos queremos presentarvos as clases de Infantil do CEIP Noalla-Telleiro de Sanxenxo.

CLASE DE 5 ANOS:

Aquí están os veteranos de Infantil. Mirade que maiores e como creceron dende que empezaron a dar os seus primeiros pasos na aprendizaxe escolar con nós. Esperamos que neste novo curso aprendan moito moito para ir á Primaria o mellor preparados posible e cun bonito recordo da súa etapa en Infantil.

CLASE DE 4 ANOS

Estes son os medianos. Mirade que caras de felicidade e de ganas de aprender moitas novas cousas.

CLASE DE 3 ANOS

E finalmente o grupo dos pequeniños. Despois dos primeiros días un pouco caóticos co Período de Adaptación por fin comezamos co horario completo. Aquí temos a todos dispostos a comezar unha nova aventura e aprender moitas cousas.