Mércores, 6 de abril de 2011

 

Benvidos ao derradeiro trimestre deste curso. Nesta sección iredes vendo pouco a pouco todas as actividades que iremos facendo na escola durante este tempo que queda ata o remate do curso. Non esquezades clicar en Proxecto para ver como imos aprendendo cousiñas sobre as abellas e o mel.

Martes, 12 de abril de 2011

Hoxe foi o cumple da profe. Despois de merendar comemos unhas galletas que trouxo e logo dounos para cada un de nós un pompeiro. Pasámolo xenial facendo pompas de xabón, tantas que se nos acabou e a profe tivo que mezclar auga co xabón que utilizamos para lavar as mans para volver a recargar os botes e poder seguir xogando. Mirade, mirade......

Despois, de volta outra vez na clase, Carolina ensinounos un diario moi bonito que trouxo para que cada un de nós lle fixera un debuxiño e levalo de recordo. A profe deixounos decorar os debuxos cuns selos de estampación con figuriñas moi divertidas. Mirade que concentrados.....

Xoves, 14 de abril de 2011

¿Acordádesvos de todo o que aprendemos co proxecto de Exipto? Pois hoxe tocou repaso. A profe conseguiu unhas actividades Lim moi divertidas e estivemos recordando cousiñas interesantes ao mesmo tempo que xogábamos ás parellas, faciamos puzzles, completábamos palabras, etc, etc. Aquí tedes a mostra de todo o que fixemos.

Mércores, 4 de maio de 2011

 

Hola a todos e todas de novo. Xa fai tempo que non actualizamos esta páxina. ¿Que tal foi o día da nai? Esperamos que vos gustaran os regaliños. Os nenos e nenas traballaron os tulipáns con moito cariño. Aquí tedes todo o proceso e o resultado final....

Fai unhas semanas Alejandro trouxo para a clase un guiñol con escenario e todo que ten na casa. Despois de estar uns días metido na caixa, por fin puidemos sacalo, montalo e empezar a disfrutar del e das marionetas. Aquí nos vedes facendo algunhas representacións...

Mércores, 15 de xuño de 2011

Estes días empezamos unha nova manualidade. Unhas abelliñas móviles. Aquí tedes os primeiros pasos: colorear e recortar.

E hoxe rematámolas xunto cos pequenos que nos viñeron visitar. Sergio e Ana son os novos alumnos da escola para o vindeiro curso. Con eles pasamos unha mañá moi entretida. Mirade como compartimos as actividades....

Este foi o resultado final...

Tamén fixemos uns libriños con debuxos coloreados para que se levaran de recordo deste día.

Despois tomamos a merenda...

E finalmente, despedímonos cantando e bailando unhas cancións moi divertidas....

Mércores, 22 de xuño de 2011

Hoxe foi o último día de cole. Onte tivemos a nosa particular festa de fin de curso e pasámolo en grande. Deixamos as fotos para que poidades disfrutalas. Moitass grazas aos papás e mamás que fixestes isto posible:

 

1º DANZA KUDURO: Olé por esas mamás que se atreveron a mover o esqueleto.

2º GRADUACIÓN E ENTREGA DE DIPLOMAS E ORLAS.

3º XOGOS...

4º MERENDA E PIÑATA