Comeza un novo trimestre e con el novas actividades.
Comezamos pensando xa na conmemoración do día Internacional da Paz, así que xa montamos o noso propio mural. Aquí tedes algunhas das cousas que fixemos para decoralo.
E aquí tedes como nos quedou.... A que está chulísimo?
Outra tarefa que fixemos coa colaboración das familias foi un calendario do 2011 que vedes a continuación. Algúns dos traballos son espectaculares e moi logrados como poderedes ver...
Outras cousiñas que fixemos para conmemorar a Paz foi unha cadena con nenos, nenas e pombiñas para decorar a escola. A ver se vos gusta.
28/01/2011.
Hoxe rematamos xa as tarefas para o Día da Paz. Estampamos as nosas mans de branco para convertelas en pombiñas de paz e recitamos unha bonita poesía que aprendemos estas semanas.
COAS PALMAS DA MIÑA MAN
FIXEN UNHA POMBA BRANCA
A POMBA BOTOU A VOAR
E VOA DE LAR EN LAR
LEVA VERBAS DE PAZ
SORRISOS ENTRE AS SÚAS AS
UN ABRAZO, UNHA CANCIÓN,
O BRILLO DUNHA OLLADA
AGARIMOS E MOITOS BICOS
LEVA A MIÑA POMBA BRANCA
UN TRABALLIÑO NOVO. Como xa sabedes, fixemos na clase un bonequiño de neve, mellor dito, de plastilina. Aquí veredes paso a paso cómo fomos facendo e aprendendo xa de paso algunhas formas xeométricas: a esfera, o cilindro, o cono, o círculo, o rectángulo e o arco. Esperamos que vos gustara.
3/02/2011.
Hoxe na clase xogamos cos números, os pesos e as alturas. A profe trouxo unha balanza e unha cinta métrica e mediunos e pesounos a todos. Logo fixemos comparacións: quen é máis alto/a, quén é máis baixo/a, etc...
18/3/2011
E chegou o día do pai. Nós, como ten que ser, fixemos un traballiño que esperamos vos gustara. De feito fixémolo con moito cariño.
Felicidades papás