Para comezar con esta aventura da nosa aula virtual imos comezar colgando unhas fotiños dun traballo que fixemos na clase. Decoramos unha castaña a modo de collage e quedounos moi chula.

Continuamos agora cos nosos traballos de Nadal. Decoramos unha botiña para facer as nosas postais para levar para a casa....

Modelamos figuriñas con masa blanca para pintar de dourado e prateado, decorar con brillantina e levar para a casa...

Así foi como quedou o noso traballo final.

Escribimos a carta para os Reis Magos. Esperemos que se porten ben, ou polo menos, tan ben coma nós...

E, por suposto, preparamos os sobres das felicitacións navideñas para enviar dende a Oficina de Correos ata as nosas casas. Comezamos escribindo as direccións...

Continuamos escribindo o remite....

Metemos as postais dentro dos sobres e pechámolos.

17/12/2010.

Finalmente, fomos á Oficina de Correos de Vilanova de Arousa para botar as nosas cartas para os Reis Magos e as nosas felicitacións de Nadal para as familias. Aquí tedes dúas fotos xusto antes de marchar.

E aquí tedes recollida a nosa visita á Oficina de Correos. Alí botamos no buzón as cartas para os Reis Magos. Despois puxémoslles os selos aos sobres. Logo, botamos as felicitacións na caixa de correos da rúa. E por último, deixáronnos poñer o mataselos nós mesmos para clasificar as cartas por lugares. O mellor de todo foron as piruletas e os lápices que nos regalaron. ¿Chegáronvos as cartas ás vosas casas? Agardamos que si...

AGARDANDO ANTES DE ENTRAR.

BOTANDO A CARTA DOS REIS MAGOS...

POÑEMOS OS SELOS E VAMOS Á RÚA A TIRAR AS CARTAS NA CAIXA DE CORREOS...

RECOLLEMOS OS NOSOS AGASALLOS...

E ANTES DE MARCHAR FACEMOS UNHAS FOTIÑOS.

GRAZAS A Mª JOSÉ E A ALMA POR FACER AS FOTOS E O VÍDEO...

E, POR SUPOSTO, A PROFE RAQUEL TAMÉN RECIBIU A SÚA FELICITACIÓN DE NADAL. UNHA MANUALIDADE PRECIOSA FEITA POR ALEJANDRO NA SÚA CASA. MOITAS GRAZAS ALEJANDRO, POREINA NA MIÑA ÁRBORE DE NADAL.