21 de xuño de 2013
FIN DE CURSO 2012 -2013
OS GRADUADOS
20 de xuño de 2013
Mirade que traballo tan bonito fixeron os nenos e nenas de 4º de Infantil do noso cole. É un lapbook sobre o Xirasol, tema que estiveron traballando durante o 3º trimestre.
16 de xuño de 2013
Hola a todos e todas de novo. Xa facía un tempo que non pasabamos por aquí, pero hoxe toca actualizar.
Primeiro ides ver as fotos da última excursión deste curso 12-13.
Como xa sabedes, fomos de Pontevedra a Vilagarcía en tren e logo alí fomos ao Museo do Ferrocarril e a un parque infantil na praia de Compostela onde merendamos.
O viaxe en tren foi divertido aínda que as profes pasaron un pouco de apuro ao saír do colexio porque a última hora avisáronnos de que a saída do tren adiantábase 7 minutos!!!! e xa íbamos co tempo xusto. Por iso tivemos que saír de Noalla disparados. Ao final todo saiu ben e chegamos con tempo suficiente.
O Museo do Ferrocarril estivo moi moi interesante e mesmo puidemos ver pasar por diante de nós un tren de mercancías.
A continuación podedes ver unha presentación coas fotos que sacamos o 15 de maio cando fomos a Pontevedra a facer o "Roteiro dos Bolechas", pero sin Bolechas. A verdade é que nos levamos unha desilusión grande cando nos demos conta que os Bolechas só estaban no libriño que nos regalaron ao final. De todos modos pasámolo moi ben. Explicáronnos cousas moi interesantes dos edificios vellos de Pontevedra, das rúas e das prazas. Logo, no museo tamén foi divertida a historia do vikingo que nos contaron, a visita ao camarote dun barco e as distintas salas.
2 de maio de 2013
COLOREANDO MANDALAS
Durante este trimestre os nenos e nena da clase de 4 anos que asisten ás clases de Atención Educativa estiveron coloreando unhas mandalas das vogais moi chulas. Aproveitamos para repasar as vogais e aprender algún que outro vocabulario.
2 de maio de 2013
COMPOÑENDO OS NOMES
Como vedes, os nenos e nenas da clase de 3 anos xa sabemos compoñer os nosos nomes coa axuda dos personaxes do País das Letras.
10 de abril de 2013
Por fin os alumn@s de 4 anos rematamos o traballo de A CASA QUE XAN CONSTRUÍU!!!!
Así de bonito nos quedou!!!
3 de abril de 2013
Durante parte do 2º Trimestre os nenos e nenas de 4 anos traballaron co conto "A casa que Xan construíu", aquí podedes ver as fotos de como traballaron algunhas das fichas.
E aquí tedes a Andrea contando o conto a todos os seus compañeiros e compañeiras. Sen dúbida, a máis entusiasmada con este traballo
12 de marzo de 2013
Antes de Nadal, os nenos e nenas de 3 anos comezamos a facer un traballo co POLO PEPE. Fixemos un mural moi bonito que podedes ver neste blog. A partir de ahí, aprendemos a canción e neste trimestre estamos a elaborar o noso caderno da canción do POLO PEPE. Aquí vos deixamos a portada. O resto será sorpresa e verédelo máis adiante.
10 de marzo de 2013
Interesante, muy interesante para papás, mamás y profes. Nuestros niños también piensan y tienen opiniones. Ésto sólo es un aperitivo. Si podéis, os recomiendo que veáis la película entera con mucha muchísima atención.
SOLO ES EL PRINCIPIO es una película documental sobre clases de Filosofía para Niños, captado con calidez y sensibilidad que promueve a la reflexión sobre nuestra capacidad ética, social y humana, y sobre la importancia de una buena educación desde la infancia. Los expresivos y vitales protagonistas tienen entre 3 y 4 años cuando, juntos, exponen libremente, con sus emociones y contradicciones, sus ideas sobre el amor, la libertad, el liderazgo, la inteligencia, la muerte... A lo largo de un curso, sentados en un círculo alrededor de una vela encendida, con ayuda de su maestra, aprenden a expresarse, a escucharse mutuamente y a conocerse mejor. Entre todos hacen filosofía, reflexionan sobre temas importantes. No hay estudiantes buenos ni malos: lo fundamental es pensar por sí mismos. Los niños hablan con sus propias palabras, llenas de espontaneidad, humor, lógica y poesía; cargadas en muchas ocasiones de un increíble y envidiable sentido tolerante y cívico. Ellos son nuestro futuro.
25 de febreiro de 2013
Hoxe recibimos na escola a visita da policía local de Sanxenxo. Con eles veu a nova fichaxe, O Axente Paco, para impartir as clases teóricas de Educación Vial e ensinarnos conceptos, valores e actitudes que fagan de nós bos usuarios de vías e vehículos. Proximamente teremos as clases prácticas e pasarémolo moi ben.
6 de febreiro de 2013
Proximamente Entroido 2013. E para ir calentando motores ahí van unhas actividades LIM compartidas por distintas compañeiras.
MENSAJE DEL AGUA (Macaco)
7 de xaneiro de 2013
Aquí ides ver o mural que fixeron os nenos e nenas de Atención Educativa de 3 e 4 anos. Un mural cuns trasnos moi moi simpáticos.
6 de xaneiro de 2013
A continuación ides ver que traballo fixeron os nenos e nenas de 3 anos a partir da lectura do conto "EL POLLO PEPE" Como lles gusta tanto e o conto dá para traballar diferentes cousas: cores, partes do corpo, cantidades, tamaños, conceptos espaciais... aproveitamos e fixemos este mural tan bonito. Nas fotos veredes o proceso de elaboración do mesmo.
29 de novembro de 2012
Curtametraxe que incentiva a sumerxirse na lectura, aventura e fantasía.
Porque ler enriquece...
21 de novembro de 2012
Proximamente celebraremos na escola o Concurso de Trompos Intercentros de Sanxenxo. Este ano o noso colexio é o organizador, así que andamos cos preparativos. Mirade que artistas somo e como estamos a ambientar o centro.
8 de novembro de 2012
E hoxe chegou o Magosto. Nas clases decoramos unhas caixiñas para meter as castañas que Juan e o profe Jose asaron no patio. Mirade qué ben o pasamos.
7 de novembro de 2012
Como xa vos dariades conta, estamos en Outono e con el chega a celebración do Samaín e do Magosto.
O mércores da semana pasada celebramos o Samaín na escola.
- Primeiro fomos á Biblioteca onde a profe Bibiana e o profe Abraham nos contaron un terrorífico conto titulado "A BRUXA REGAÑADENTES" en Galego e en Inglés.
- Logo os de Infantil fixemos unha tremenda merendola con todas as viandas que nos mandaron os papás e as mamás dende casa. Moitas gracias, por certo.
- Ao rematar a merendola fomos ao patio a participar nos xogos que alí tiñan os profes preparados: zancos, aros, atrapa a rosquilla, a corda, a rá... Foi moi divertido.
- E, finalmente, foi elixida a cabaza gañadora de todas as presentadas por todos os nenos e nenas da escola.
A continuación podedes ver as fotos que sacamos durante ese día.
AND THE WINNER IS...
E A CABAZA GAÑADORA É...
30 de outubro de 2012
Dende a Biblioteca da escola, Bibiana e Abraham recoméndannos estas lecturas en Inglés, Galego e Castelán para pasar moitísimo medooooo......
Ademáis, hoxe durante o tempo de recreo fixemos o reconto de votos para a elección da mascota para a nosa Biblioteca. E aquí temos o resultado. Con este ourizo de mascota imos tomar moitos PINCHOS DE LECTURA!!!!
Gracias Nicolás e felicidades pola túa imaxinación!!!!!
E gracias tamén a todos os participantes e felicidades a todos os finalistas que tamén levaron o seu agasallo.
29 de outubro de 2012
Para ir entrando en ambiente...
Proximamente SAMAÍN.
26 de outubro de 2012
E, estes son os finalistas. O martes 30 de outubro saberemos definitivamente cal será a nosa mascota da Biblioteca. Todas as mascotas presentadas foron moi orixinais. O noso alumnado parece que ten a creatividade disparada e iso está moi ben.
20 de outubro de 2012
12 de setembro de 2012
Hoxe deu comezo un novo curso escolar. Os nenos e nenas de 4 e 5 anos atópanse de novo cos seus compañeiros e compañeiras, cos seus mestres e mestras e para eles resultou moi emocionante e non pararon de contar cousas das súas vacacións.
Os nenos e nenas de 3 anos viñeron por primeira vez ao cole e, como para eles todo esto é novo, houbo algún que outro que botou unha choromica.
As profes e o profe de Infantil preparámoslles como sorpresa de benvida este mural tan bonito que podedes ver a continuación.