2 de maio de 2013

 

COLOREANDO MANDALAS

 

     Durante este trimestre os nenos e nena da clase de 4 anos que asisten ás clases de Atención Educativa estiveron coloreando unhas mandalas das vogais moi chulas. Aproveitamos para repasar as vogais e aprender algún que outro vocabulario.

 

 

COMPOÑENDO OS NOMES

 

     Como vedes, os nenos e nenas da clase de 3 anos xa sabemos compoñer os nosos nomes coa axuda dos personaxes do País das Letras.

 

10 de abril de 2013

 

       Por fin os alumn@s de 4 anos rematamos o traballo de A CASA QUE XAN CONSTRUÍU!!!! 

        Así de bonito nos quedou!!!

 

3 de abril de 2013

 

          Durante parte do 2º Trimestre os nenos e nenas de 4 anos traballaron co conto "A casa que Xan construíu", aquí podedes ver as fotos de como traballaron algunhas das fichas.

      E aquí tedes a Andrea contando o conto a todos os seus compañeiros e compañeiras. Sen dúbida, a máis entusiasmada con este traballo.

19 de marzo de 2013

 

     Como o prometido é deuda. Aquí tedes un resumo de todo o traballo que os nenos e nenas de 3 anos fixeron para facer o seu propio caderno da canción do Polo Pepe.

     E agora, cantando!!!!! Aproveitamos este video compartido que atopamos na rede.

12 de marzo de 2013

 

     Antes de Nadal, os nenos e nenas de 3 anos comezamos a facer un traballo co POLO PEPE. Fixemos un mural moi bonito que podedes ver neste blog. A partir de ahí, aprendemos a canción e neste trimestre estamos a elaborar o noso caderno da canción do POLO PEPE. Aquí vos deixamos a portada. O resto será sorpresa e verédelo máis adiante.

7 de xaneiro de 2013

 

    Aquí ides ver o mural que fixeron os nenos e nenas de Atención Educativa de 3 e 4 anos. Un mural cuns trasnos moi moi simpáticos.

6 de xaneiro de 2013

 

    A continuación ides ver que traballo fixeron os nenos e nenas de 3 anos a partir da lectura do conto "EL POLLO PEPE" Como lles gusta tanto e o conto dá para traballar diferentes cousas: cores, partes do corpo, cantidades, tamaños, conceptos espaciais... aproveitamos e fixemos este mural tan bonito. Nas fotos veredes o proceso de elaboración do mesmo.

20 de novembro de 2012

          Inauguramos esta sección onde poderedes ver o que facemos coa profe de apoio nas clases de TEO (Técnicas de Estimulación Oral) e nas clases de Atención Educativa.

    Tamén podedes ver unha presentación con algunhas pautas interesantes para axudar á estimulación verbal dos nenos e nenas e uns videos con algunhas das cancións que os nenos de 3 e 4 anos aprendemos de paso que repasamos as letras.

       Comezamos cunhas fotos dos primeiros xogos que fixemos os nenos de 3 e de 4 anos en Atención Educativa os luns e venres respectivamente.

      Os de 4 aproveitamos para traballar números e letras con xogos de dominó e puzzles.

         Os de 3 anos comezamos xogando coas sombras e as siluetas de distintas figuras.

     A continuación podedes ver unha actividade que fixemos tanto os nenos de 3 anos como os de 4 en Atención Educativa que consistiu en colorear uns trasnos de outono aos que lles puxemos as nosas caras. Despois de colorealos, poñerlles as nosas caras e pegalos en cartulinas, botámoslles por riba unha capa de alkil para que quedaran máis bonitas. Pronto veredes o resultado.

      Agora tócalles aos de 5 anos. Estes como xa son maiores teñen que traballar outras cousas, así que nas clases de Estimulación da Linguaxe facemos iso, estimular a linguaxe, o vocabulario, as expresiones, a pronunciación... e para ello facemos xogos como os seguintes para practicar a fala.