21 de febreiro de 2014

 

    E despois de varios meses aínda seguimos con Pirritx, Porrotx e Marimotots a voltas. Esta vez tocoulles aos pequeniños facer o traballo escrito. Aquí tedes o seu caderno.

    Moitas destas fichas foron feitas aplicando a dinámica de traballo cooperativo por grupos "Lápices ao centro" coas variantes: pegamentos ao centro, pinturas ao centro, gomets ao centro. Os nenos e nenas están aprendendo a traballar en equipos, a repartir cargos e asumir responsabilidades, e o que é máis importante, a traballar de forma cooperativa axudándose uns aos outros e aprendendo uns de outros.

15 de decembro de 2013

 

     Como xa vos anunciara na portada deste blog fai uns meses, ao longo deste trimestre nas clases de apoio estivemos traballando unha canción titulada Quérote máis.

     Ao longo das fichas que fomos facendo coñecemos a Pirritx, a Porrotx e a Marimotots e aprendemos moito vocabulario en galego: alecrín, bulir, leito, aturuxos...., pero o máis importante de todo é que aprendemos a expresar os nosos sentimentos a través do título da canción.

     

CADERNO DA CLASE DE 4 ANOS:

CADERNO DA CLASE DE 5 ANOS:

      Aquí están Pirritx, Porrotx e Marimotots ¡¡¡os de verdade!!!