21 de febreiro de 2014
Xa estamos no Segundo trimestre e durante estes meses estamos a traballar os seguintes aspectos nos distintos grupos de Infantil:
3 ANOS: Lorena e Candela
Traballamos cos números.
4 ANOS: César, Raúl, Lucía, Brais P. e Brais V.
Traballamos cos números a través da Aprendizaxe cooperativa. Xuntos e en grupos reducidos aprendemos máis e millor.
5 ANOS: Martín, Jorge, Javier e Xabier
Traballamos cos Dinosaurios.
15 de decembro de 2013
Quero inaugurar esta sección de Atención Educativa do curso 2013-2014 amosándovos o que os nenos e nenas de Infantil estiveron traballando durante este Primeiro trimestre.
3 ANOS: Lorena e Candela
Traballamos coas formas xeométricas e as cores.
4 ANOS: César, Raúl, Lucía, Kevin, Arturo, Brais P. e Brais V.
Ademais de facer un repaso dos número 1, 2 e 3, traballamos o OUTONO e fomos elaborando un caderno con fichas relacionadas co tema. Tamén traballamos a lóxicamatemática xogando cos pinchos de distintas cores.
5 ANOS: Martín, Jorge, Javier e Xabier
Traballamos o OUTONO e o SAMAÍN e fomos completando un caderno con pasatempos relacionados co tema. Aproveitamos estas sesisóns tamén para reforzar o traballo da lectura.
Deixo ao final desta presentación as fichas de lectura que pouco a pouco fomos traballando ao longo deste trimestre. Podedes aproveitar e repasalas cos nenos na casa.