CURSO 2011 - 2012
CEIP de NOALLA - TELLEIRO en Sanxenxo, justo frente a la playa de la Lanzada.
*************************************
30 de xuño de 2012
Todo o que empeza ten un final, e como non podía ser de outra forma acabou o curso 2011-2012. Durante todo o curso vivimos un montón de experiencias e aprendemos moitas cousas novas.
Os nenos e nenas de infantil despedimos o curso e ademáis os de 6º curso de infantil despídense desta etapa e comezan unha etapa nova, a Primaria. Por suposto, todos os nenos e nenas desta clase recibiron a súa orla.
Para festexalo fixemos unha merendola no corredor de infantil e pasámolo moi ben. Moitas grazas ás mamás e aos papás que nos mandaron tantas cousas ricas para comer e beber.
*************************************
10 de xuño de 2012
Chegou a Primavera ao noso colexio e así de bonitos quedaron os nosos murais.
*************************************
15 de maio de 2012
Onte veu pola escola unha persoa da asociación "Andarela" e invitounos a facer con ela unha actividade moi interesante e divertida ¡¡¡plantar herbas de San Xoán!!!
Ela mesma trouxo todas as ferramentas e incluso as plantiñas pequeniñas para que nós plantásemos e se fagan grandes. Puxémonos guantes, tocamos a terra e enchemos os buratos cunhas palas e ata regamos nós mesmos.
O máis divertido e que o fixemos todos os nenos e nenas de Infantil xuntos.
*************************************
15 de maio de 2012
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e a homenaxe á figura de Valentín Paz Andrade, persoaxe moi vinculado ao mar, decidimos adornar o recibidor e a entrada da escola con un montón de peixes decorados por todas as familias dos nenos e nenas de Infantil.
Unha vez máis demostraron a súa creatividade empregando unha gran variedade de materiais. ¡¡¡Moitas gracias!!!
*************************************
10 de maio de 2012
Dende o Concello de Sanxenxo convidáronnos a participar nun concurso de pintura. O tema versaba no poeta galego Celso Emilio Ferreiro, sendo o poema "Irmaus" o que nos tocaba en infantil.
Algúns de nós decidímonos a participar, iso sí, coa axuda dos nosos pais e nais e fixemos uns cadros moi bonitos.
*************************************
5 de maio de 2012
Fai uns días a Concellería de Medio Ambiente invitounos a participar nunha actividade chamada "Nosos amigos os bosques"
Con esta actividade o que se pretende é dar a coñecer entre os máis pequenos a importancia dos bosques e as relacións que os seres humanos temos con eles, así como fomentar actitudes de respecto cara a natureza.
Primeiro as monitoras fixeron unha lectura animada do conto "A landra viaxeira, que converteu o prado nunha carballeira"
Logo, a landra viaxeiras veunos visitar.
E finalmente, participamos nun obradoiro no que elaboramos un monicreque sobre a obra representada.
*************************************
30 de abril de 2012
Con motivo do Día do Libro, na escola fixemos uns murais moi bonitos e unha exposición con moitos obxectos relacionados cos contos que coñecemos e que, moi amablemente, aportaron as familias.
Con estes murais e todos os materiais xogamos a adiviñar a que contos pertencían. Foi moi divertido.
10 de marzo de 2012
Hola a todos outra vez, A continuación vou presentar unha recopilación de todo o que levamos traballado ata o momento durante este 2º trimestre de curso. Espero que disfrutedes vendo como aprendemos e nos divertimos.
OS MURAIS DO INVERNO
Coa chegada do inverno quixemos entrar en ambiente e decorar o corredor e as nosas clases con estes muráis tan bonitos.
FESTEXAMOS O ENTROIDO
E o tempo segue pasando a todo correr. ¡¡¡Chegamos ao Entroido!!! As profes e o profe de Infantil déronnos a elixir uns traxes moi bonitos para facer unha montaxe e elaborar un novo mural para o corredor. É a representación dunha festa de disfraces de papel, pero ¡¡alguén se colou no medio!! O profe de ximnasia quedou moi favorecido co traxe que se lle puxo….
A CANDELORIA:
DÍA DO AMOR EN GALICIA
Xa sabemos que o día 14 de febreiro é o día dos namorados, pero nós en Galicia temos un día propio, o día 2 de febreiro, día da Candeloria. Neste día cásanse os paxariños e tómase como preludio da pronta chegada da primavera. Na clase das xoaniñas (5 anos) decidimos facer unha celebración moi particular e un xoves pola tarde algún de nós viñemos vestidos para a ocasión. Estabamos moi guapos vestidos de voda e ata as Abellas acompañáronnos durante uns intres tamén moi ben vestidos para a celebración da ceremonia. Finalmente fixemos unha ficha relacionada co tema para engadir aos nosos traballos.
AS BOLBORETAS
FACEMOS ZUME DE LARANXA
Comezamos o trimestre cunha unidade didáctica titulada “El resfriado” e ata púxemolo en práctica porque houbo unha semana na que fomos caindo pouco a pouco casi todos nós. O profe explicounos que para previr os catarros e os resfriados é moi bó tomar vitamina C e qué mellor cousa que a vitamina das laranxas. Pois moi ben, un venres o profe trouxo un exprimidor e fixemos o noso zume en vivo e en directo. Aquí tedes a mostra…
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ
¡¡¡Como pasa o tempo!!! Parecía que acabábamos de chegar das vacacións de Nadal e xa estábamos na semana da Paz. As profes faláronnos de valores e principios e fixemos fotografías en actitudes referidas á Paz coas que fixemos un bonito mural para decorar o corredor de Infantil. Como non, tratamos de portarnos moi ben: compartindo, axudando, colaborando, participando, consolando, etc., etc. As abellas e as xoaniñas fixemos uns bonitos banderines para levar para a casa e as bolboretas unhas divertidas pombiñas para levar nos dediños.
A COLECCIÓN DE GALLETAS
Un día a profe Carme contounos ás Xoaniñas (5 anos) un bonito conto da Biblioteca da Escola titulado “A colección de galletas”. Puidemos aprender que hai moreas e moreas de tipos diferentes de galletas, así que como nós somos moi ocurrentes, decidimos pedir unha vez máis colaboración ás familias e un xoves pola tarde montamos un chiringuito de galletas na nosa clase e comprobamos que as nosas familias son extremadamente creativas e orixinais. Observade cantos tipos de galletas puidemos xuntar e, como non ¡¡¡saborear!!! Estaban todas deliciosas e como había tantas ata compartimos coas Bolboretas laretas (clase de 3 anos) e as Abellas de cores (clase de 4 anos)
22 de decembro de 2011
A continuación presento un resumo do que traballamos no Ciclo de Educación Infantil no 1º Trimestre deste curso escolar.
OUTONO
Estes son os murais que fixemos nas clases e no corredor da escola.
SAMAÍN
Aquí tedes a exposición que fixemos coas cabazas decoradas polas familias.
NADAL
E, por último, aquí tedes os nosos murais para decorar a escola polo Nadal. Non vos perdades o abeto da clase das bolboretas que bonito é.
*************************************
PROXECTOS
PROXECTO DRAGÓNS NA CASA DE DONA LISA E AS XOANIÑAS
A continuación veredes unhas presentacións cun resumo do que foi o proxecto sobre os Dragóns. Foi moi interesante, pero o máis emocionante o traballo cos volcáns. Mirade, mirade...
PROXECTO DAS BRUXAS NA CLASE DAS ABELLAS DE CORES
Na clase de catro anos, os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre as bruxas e, entre elas, montaron este recuncho tan completo e fixeron unhas bruxiñas moi divertidas.